mércores. 30.04.2025
El tiempo

Dumbría acolle un curso de Verán da UDC sobre xestión turística intelixente

Cartel Curso de Verán Turismo Ézaro copia
Dumbría acolle un curso de Verán da UDC sobre xestión turística intelixente

A Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa CMAT e o Concello de Dumbría, organiza o Curso de Verán organizado pola e titulado «Transformación no Turismo: Oportunidades, Retos e Casos de éxito na Xestión Turística Intelixente».
A sede do curso será a Casa da Cultura e Edificio Bitácora do Ézaro, no Concello de Dumbría. A matrícula está aberta e o prezo será de 50 € para o público xeral e 30 € para estudantes universitarios.

Este curso forma parte das actividades que desenvolve a CMAT para mellorar a competitividade e calidade turística do xeodestino Costa da Morte. É unha boa oportunidade para proporcionar formación que recoñeza as oportunidades e retos da aplicación da intelixencia turística na xestión de destinos.
Neste sentido, desde a CMAT, anímase ao sector turístico da Costa da Morte e de Galicia a inscribirse para poder adquirir coñecementos sobre xestión turística intelixente.

O curso será inaugurado o próximo día 2 de xullo polo presidente da CMAT, Manuel Muíño. Farao xunto ao alcalde de Dumbría, Raúl González e a directora do curso, Iria Caamaño.

Programa Curso de Verán Turismo Ézaro copia

Un curso cheo de profesionais do turismo

No transcurso deste curso de dous días haberá mesas redondas, conferencias e obradoiros polos que pasarán diferentes profesionais do turismo. Na mesa redonda da mañá do primeiro día participarán Xosé Regueira, Deputado de Turismo da Deputación da Coruña e Cesáreo Pardal, presidente do Cluster do Turismo de Galicia.

Na da tarde, contarase coa experiencia do Observatorio Turístico do Alentejo, da man de María do Rosário Borges e Joana Lima, da Universidade de Évora; da Mancomunidade do Salnés, co seu xerente, José Ramón García Guinarte e con Ada González Fernández, técnica de turismo do Concello de Dumbría, entre outros e outras profesionais do turismo e da xestión intelixente. Tamén participará Xosé
Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia.

Desde o equipo da CMAT, a través da Secretaría Técnica formada por Catherine García Pernas e Marta Rodríguez Casas, moderaranse estas dúas mesas redondas sobre as oportunidades da intelixencia artificial no sector turístico e a planificación e xestión intelixente.

Podes inscribirte xa nesta ligazón.

Comentarios