Dumbría acondicionará o Camiño da Xestosa
Luz verde para as obras de mellora e acondicionamento do “Camiño de Xestosa”, nun acto que se celebrou no Concello da localidade. Así o acordaron onte o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, e a Directora Corporativa de Xallas Electricidad y Aleaciones, XEAL, María Couto, unha vez que a empresa aportará 40.000 euros.
José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría, afirmou que “este tipo de colaboración son moi importantes tanto para o Concello como para os seus veciños e veciñas e neste caso particular contribuirá a mellorar a seguridade dos veciños no tránsito por esta vía”.
Denuncia do BNG
Qauere matizar o BNG de Dumbría o que entende por "realidade" arredor deste convenio. "A empresa XEAL coa súa actividade desfai o camiño e para lavar a mala imaxe que esta a deixar pola nosa comarca disfrazan de convenio algo que é unha obriga da empresa, arranxar os camiños que polo seu uso destrúe, a entroidada perfecta".