Dumbría celebra as Letras con música
08:35 14/05/12
A cita cultural para as Letras Galegas no Concello de Dumbria queda para o sábado, 19 de maio. Día no que celebrarán nas instalacións do Conco unha completa xornada, e para a que haberá servizo de autobuses para recoller ós nenos/as polas parroquias.
Contarán co seguinte programa:
- Obradoiro de música tradicional.
- Actuación dos alumnos de primeiro ano da Escola Municipal de Música Tradicional - ACDR As Neves.
- Actuación do grupo Mar Adentro e o grupo de gaitas da ACDR As Neves de Buxantes.
- Merenda tradicional.
É preciso entregar unha autorización nas Casas Culturais ou no Concello antes do luns, 14 de maio.
Programas das Letras Galegas
- Festiletras: Arrinca un Festiletras con 30 anos de bulir cultural.
- Festiletras: Programa 2012.
- Vimianzo: Regueifa, música, teatro e vídeos: as vitaminas para o galego do Concello de Vimianzo.
- Carballo: Carballo fai entrega das súas Vitaminas para o galego.
- Zas: Un certame de marcapáxinas e moita lectura para as Letras Galegas de Zas.
- Carnota: Carnota dá Vitaminas ao galego cun gran Mes das Letras.
- Cee: Cee artella un programa das Letras Galegas con teatro, pintura, música e moito máis.
- Fisterra: Hiphop, poesía e humor para o mes das Letras Galegas de Fisterra.
- Muxía: Abente será homenaxeado nun completo programa das Letras muxián.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).