Dumbría prepara o cañoto para a multidisplinar Festa da Praia

07:52 01/08/25
A Festa da Praia do Ézaro é unha das máis completas do verán. Estes sábado 2 e domingo 3 de agosto serán días cheos de actividades para a rapazada e para os maiores cun sinfín de xogos (o baile do cañoto non faltará, por suposto), obradoiros, carreiras de obstáculos (OCR), danza comercial e música para todos con A Gramola Yé Yé, a charanga O Rumbo e a coral Eburnie./p>
Haberá tamén circo con Sempre Arriba (o sábado ás 19:00h) como previa á coral de Costa de Marfil.
E o domingo Gran Sardiñada popular!!! e a actuación pola tarde da orquestra Finisterre.