A estrada do encoro de Santa Uxía pecharase varios días da vindeira semana
08:36 26/08/22
Xa hai un par de semanas, o corte da estrada do encoro de Santa Uxía por unhas obras de XEAL provocaron un pequeno caos na zona. Desta volta, o Concello de Dumbría quere alertar á veciñanza que teña previsión á hora de programar os seus desprazamentos, e avisa que a vindeira semana a empresa vai realizar novas obras no encoro que provocarán cortes durante os seguintes momentos;
- Luns 29 agosto, de 8 a 16 h..
- Martes 30 agosto, de 9 a 12 h.
- Venres 2 setembro, de 9 a 12 h.