![codeweek]()
Un grupo de alumnos e alumnas do CEIP Santa Eulalia de Dumbría - xunto cos do CEIP Curtis - veñen de participar nos talleres de computación que se enmarcaron dentro da
IV semana europea da Programación e que estivo organizada por Europe Direct, o centro oficial de información da Comisión Europea, pertencente á Deputación da Coruña.
As sesións - que se desenvolveron os pasado luns e martes - consistiron nun obradoiro no que os alumnos aprenderon a
programar videoxogos e aplicacións para dispositivos móbiles, co obxectivo de potenciar a creatividade e o pensamento lóxico.
A participación na semana europea da Programación encádrase nunha estratexia a nivel europeo para educar ás novas xeracións na computación, unha nova vía laboral con moitas posibilidades de futuro e que tamén fomenta habilidades artísticas, comunicativas e sociais.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Deputación