Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Ézaro recupera a esencia da Festa da Praia

Baile do Canoto na Festa da Praia do Ezaro
O Baile do Cañoto, un dos xogos estrella da Festa da Praia do Ézaro
O Ézaro recupera a esencia da Festa da Praia

A Festa da Praia do Ézaro volveu recuperar a esencia familiar. Xa estamos pola 34º edición, e seguindo a liña dos últimos tres anos, o Concello quere recuperar esa festa sana, deportiva, familiar, e ficar lonxe das macroverbenas e botellóns. E abofé que o están conseguindo, implicando a toda a veciñanza do lugar, que xa non teñen que escapar da vila, e dos que volven, que volven formular as súas vacacións en torno á festa.

O Ézaro estivo absolutamente cheo (as terrazas non daban feito) durante toda a fin de semana, na que non houbo un segundo de parada gracias a unha organización impecable. Dende a sardiñada, que volveu vivir as colas de antaño (“e iso que non temos santo”, bromeaban os veciños), ata a verbena dominical, a vila dumbriesa non parou. Ademais, respectou o vento e as temperaturas foron do máis agradables para permitir que ata os máis pequenos puidesen pechar a festa a ritmo de pasodoble.

Ambiente na praia do Ezaro durante a Festa da Praia copia
Sesion Outodoor na festa da praia do Ezaro-Antoonio Gonzalez Franco
Sesión de ciclo Outdoor na festa da praia do Ezaro-Foto-Antonio Gonzalez Franco

A parte deportiva arrasa. As sesións de ciclo-outdoor co multitécnico César Ferrío e os bravos monitos de DAFIT (coorganizadores da parte deportiva xunto ao Concello), Damián Espasandín e Dani Lema, fixeron que ducias de veciños suaran a camiseta mirando ao Atlántico. O circuito de Obstáculos OCR para nen@s fixo que tanto el@s como as súas familias gozasen ao máximo da superación; e as carreiras de rolos foron unhas auténticas risas.

Os pequenos, e tamén os maiores, puideron disfrutar dende o sábado as 16:00h ata o domingo 20:00h, de xogos de toda índole, dende os máis tradicionais (as batallas de nen@s contra maiores foron lendarias) aos máis divertidos como o xogo das sillas ou o #BailedoCañoto, un dos máis esperados polos experimentados participantes, que se saben ata os trucos para cortar as puntas dos cañotos para que se adapten mellor ás caras.

Carreiras de obstaculos na Festa da Prai do Ezaro

Xogos na festa da praia do Ezaro
Maiores participando nos xogos da EuropaDirect na Festa da Praia do Ezaro copia
Maiores participando nos xogos da EuropaDirect 

Os que quedaron sorprendidos co ambiente, e a participación da veviñanza foron os de Europe Direct, que trouxeron unha marea de xogos de habilidade e coñecemento, e non pararon de repartir regalos ante as boas respostas da xente.

Mentres, ademais, o circo daba un ambiente de festa polo paseo sensacional.

Circo na Festa da Praia do Ezaro copia

Ademais, como peche de xornada, o sábado moitísima xente se achegou á ver a cascada iluminada, un dos atractivos turísticos máis potentes da comarca, pero que tamén é unha delicia para a veciñanza.

Novas relacionadas

Comentarios