Martes. 10.12.2019
El tiempo

O Ézaro volve ser a capital do volei praia estatal

Ambientazo na praia do Ézaro para acoller os campionatos de España de Volei Praia
Ambientazo na praia do Ézaro para acoller os campionatos de España de Volei Praia
O Ézaro volve ser a capital do volei praia estatal

Ciclismo, volei, motor, FSF… Poucos concellos en Galicia aproveitan tan ben a súa natureza para convertir o deporte en motor económico. 

Desta volta é o volei praia o que pon a Dumbría no "candelero", co gallo dos Campionatos de España Infantil e Cadete de Volei Praia, que segue acollendo, un ano máis, a praia do Ézaro. Dende este martes, máis de 40 equipos participan na fase de grupos do campionato Infantil, que remata o xoves 25. Do 26 ao 28 será a quedan cadete. 

Son uns 300 xogadores, e unhas 750 familias as que pernoctan esta semana na zona, o que dá boa conta da incidencia económica do evento.

Entre os infantís que xa están en liza temos ao CF Dumbría, que compiten no Grupo C ante Legal Steps CV Portol e Costa do Vóley e CF Dumbría, que disputarán un duelo directo pola primeira praza e o pase directo a segunda rolda eliminatoria.

Campionato Galego Infantil e Cadete de Volei Praia no Ezaro 2019

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios