Martes. 30.04.2024
El tiempo

A Fervenza do Ézaro secou durante varias horas

Fervenza do Ezaro seca
Fotos de onte do Coadoiro
A Fervenza do Ézaro secou durante varias horas

Moitos visitantes que pasaron a pasada mañá de mércores 14 de xuño pola fervenza do Ézaro preguntáronse porque había tan pouca auga. Se ben dende o Concello de Dumbría non saben nada, fontes da zona confírmannos que a fervenza do Ézaro estivo seca durante varias horas.

Algún tipo de incidencia no encoro de Santa Uxía (sen confirmación por parte de XEAL) provocou que o 1,4 km do río Xallas río abaixo do encoro quedase sen o obrigado caudal ecolóxico entre as 10:00 e as 16:00h.

Cómpre lembrar que precisamente unha denuncia por parte da entidade Ríos con Vida por non deixar correr o caudal ecolóxico foi o permitiu en 2011 a liberación dunha fervenza que levaba décadas secuestrada. Xentes da zona pregúntase que ten que dicir Augas de Galicia ao respecto. 

En calquera caso, ao longo do desta mañá de sábado efectivos están traballando nas comportas da zona baixa do fervenza.

Fontes achegadas aseguran que se trata dun simple exercicio especulativo, para manter chea a presa (mesmo por riba dos límites máximos e mesmo inundando terras que non chegaron a expropiar) esperando que suba o prezo do megawatio/hora para bombear e poder vender a enerxía máis cara.

Encoro de Santa Uxia Cheo
Estes días o encoro de Santa Uxía cheo a rebenatar

 

Comentarios