Resucitou a Fervenza do Ézaro
12:35 12/04/11
Esta tarde de martes 12 de abril de 2011, arredor das 19:00h, a empresa Ferroatlántica abríu as comportas do encoro de Santa Uxía, para devolver o caudal ecolóxico do último treito de 1,4 km do río Xallas, comprendido entre o encoro e a Fervenza do Ézaro.
A medida é tomada trala denuncia de AEMS Ríos con Vida, trala que o proceso xudicial obriga á empresa a devolverlle a vida á cascada.
Deste xeito esta pasada noite de 12 de abril de 2011 pasará a ser histórica, pois pasaron 19 anos dende que no 1992 a Xunta permitira á empresa substituir o caudal ecolóxico polo caudal turístico estival.
Canceladas as aperturas turísticas
Deste xeito, e á falta de corroborar a nova coa empresa, en principio quedarían suspendidas as aperturas turísticas de semana santa e do verán. Con todo, dende o noso punto de vista, que a fervenza exista todo o ano si que supón un auténtico recurso turístico.Caudal ecolóxico e caudal turístico
Segundo cifras aportadas polo propio Carlos Oliete, director da empresa na bisbarra, o caudal que abre a empresa como reclamo turístico ronda os 6 metros cúbicos por segundo. O caudal ecolóxico será 3 veces menor, de 2,23 m3/s. Como podemos comprobar na impresionante foto de Marcos Rodríguez Fotografía, sacada na histórica noite, o caudal ecolóxico permite disfrutar dunha boa fervenza.Máis información
- Recunchos da Costa: A Fervenza do Ézaro.
Novas relacionadas
- O fiscal continúa coa denuncia contra a desecación da Cascada do Ézaro.
- 11-02-11: Ríos con vida volve a carga contra a desecación dos ríos Xallas e Castro.
- Entrevista a Carlos Oleite: “Ferroatlántica cumpriu en todo momento cos términos da concesión”.
- Unha ollada ao estado de saúde dos ríos da Costa da Morte.
- A Xunta abre o expediente de retirada da licencia que permite manter pechada a fervenza do Ézaro.
- 21-10-10: Denuncian a Ferroatlántica por desecar o río Xallas.
- Denuncian á piscifactoría de Lires por secar o río Castro.
- Camariñas analizou con expertos o estado de saúde do río Castro e do río Grande.
- Mark Adkinson, presidente de AEMS-Ríos: De quen son os ríos?.
Máis novas
- A Fervenza que abre por verán .
- A Fervenza resucitou pola Semana Santa 2010.
- Denuncia cunha foto: A morte da fervenza .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Foto de Marcos Rodríguez Fotografía.