A Xunta recoñece o traballo de Ríos con Vida para liberar o Xallas


Xa pasou mes e medio dende que resucitara a Fervenza do Xallas. Hoxe a Xunta, a través da onsellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, recoñece a restitución ao río Xallas do seu caudal ecolóxico augas abaixo do salto de Santa Uxía, tras o ditame favorable do 31 de marzo do Consello Consultivo de Galicia á revisión de oficio da modificación concesional vixente.
A Xunta recoñece ademais que a reapertura do caudal ecolóxico débese ao traballo legal da entidade AEMS - Ríos con Vida, que no verán de 2010 denunciou a situación do río Xallas augas abaixo da presa de Santa Uxía. Esa denuncia serviu para desbloquear o expediente de modificación concesional que estaba paralizado dende o ano 2007.
O propio Mark Adkinson, responsable de AEMS (vemos á súa familia celebrando a reapertura coa pancarta de AEMS), pregúntase: Por que estaba paralizado?
Aquí vos deixamos cunha entrevista sobre o asunto do Correo TV co propio Adkinson.
Antecedentes
Como dicimos no verán de 2010 a asociación “Ríos con vida Galicia – AMS” denunciou a situación do río Xallas augas abaixo da presa de Santa Uxía. O SEPRONA deulle traslado á Fiscalía de Santiago de Compostela, e esta, á súa vez, á Xunta de Galicia.
Da revisión documental do expediente resultou a aparición de varios informes do ano 2007 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e da Dirección Xeral de Conservación da Natureza que apreciaban que na tramitación da declaración de efectos ambientais da concesión non figuraba o preceptivo informe do departamento responsable da Conservación da Natureza en canto á determinación do caudal ecolóxico. Dado que esta declaración de efectos ambientais era vinculante para Augas de Galicia, debía procederse á revisión de oficio deste expediente.
No ano 2007 non se seguiron as indicacións destes órganos ambientais e o expediente quedou paralizado ata que, como xa se indicou, a finais de 2010 a actual Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas actuou para devolver a concesión ao estado inmediatamente anterior á modificación da declaración de efectos ambientais.
Seguindo o procedemento establecido para estes casos, o 5 de novembro de 2010 a Xunta de Galicia acordou iniciar a revisión de oficio, dando audiencia á concesionaria, e posteriormente remitindo o expediente ao Consello Consultivo de Galicia para a emisión de ditame, que era preceptivo e foi parcialmente favorable.
Novas relacionadas
- Este domingo 29 de maio II Roteiro polo Río Xallas: De Olveiroa ao Ézaro.
- 14-04-11: Resucitou a Fervenza do Ézaro.
- 11-02-11: Ríos con vida volve a carga contra a desecación dos ríos Xallas e Castro.
- Entrevista a Carlos Oleite: “Ferroatlántica cumpriu en todo momento cos términos da concesión”.
- Unha ollada ao estado de saúde dos ríos da Costa da Morte.
- A Xunta abre o expediente de retirada da licencia que permite manter pechada a fervenza do Ézaro.
- 21-10-10: Denuncian a Ferroatlántica por desecar o río Xallas.
- Denuncian á piscifactoría de Lires por secar o río Castro.
- Camariñas analizou con expertos o estado de saúde do río Castro e do río Grande.
- Mark Adkinson, presidente de AEMS-Ríos: De quen son os ríos?.
Máis novas
- Unhas 100 persoas participaron no roteiro ecolóxico e reivindicativo polo río Xallas organizado pola Plataforma na Defensa do río Xallas.
- O cangrexo vermello invade o encoro da Fervenza.
- Ferroatlántica mellora a súa eficiencia enerxética cunha nova certificación.
- Ferroatlántica, única culpable da desfeita ecolóxica da Fervenza para a Fiscalía.
- Denuncia cunha foto: A morte da fervenza.
- O Xallas corre de novo perigo de sufrir máis centrais hidroeléctricas.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta de Galicia.