Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Forcado e a Casa Lestón, as recomendacións na Guía Solete de Repsol

Guia Solete Repsol 2022-Costa da Morte
A horta da Casa Lestón, á esqueda, e a terraza do Forcado á dereita
O Forcado e a Casa Lestón, as recomendacións na Guía Solete de Repsol

Vén de publicar a Guía Repsol a lista de “Soletes de Carretera”, esas recomendacións de locais ideais para facer paradas nas viaxes. Unha guía que ten unha importante repercusión estatal para que, durante este verán, milleiros de visitantes a Galicia boten un ollo cando viaxen pola Costa da Morte para para preto das estradas principais.

O ano pasado foron 4 os establecimentos recoñecidos pola marca. Este 2022, dos 319 lugares que recolle a guía en todo o estado, 22 son galegos, e só 2, da Costa da Morte.

Un é Casa Lestón. O mítico restaurante de Sardiñeiro (Fisterra), son míticas as súas tortillas e caldeiradas. A súa horta é a terraza interior mellor gardada da zona.

O Forcado, a cervexería do Ézaro (Dumbría) ten unha das terrazas máis apetecibles da comarca, a pé do paseo marítimo e da praia dumbriesa. Cunha variada carta, son especialistas en xeados.
Terraza de O Forcado no paseo maritimo do Ezaro
Terraza de O Forcado no paseo marítimo do Ézaro

Novas relacionadas

Comentarios