Venres. 04.10.2024
El tiempo

Os Gaiteiros de Buxantes representará a Galicia Festival Interceltico de Lorient Francia

Os Gaiteiros de Buxantes representará a Galicia Festival Interceltico de Lorient Francia

A banda de gaitas Invernía, da cal forman parte os Gaiteiros de Buxantes (Dumbría) serán os representantes de Galicia este ano no Festival Interceltico de Lorient, en Francia. É un dos festivais de música folk máis importantes do mundo, polo que xa teñen pasado Ximiela de LouroMalante de Malpica, ou Fernado Fraga con Carlos Núñez.

Os Gaiteiros de Buxantesdaban un salto en 2014 tocando con Susana Seivane no Asalto ao Castelo de Vimianzo. En 2016, volvían ser invitados pola gran gaiteira para tocar con ela no festival de Ortigueira. E este pasado venres tocaron outra vez no teatro principal da Estrada formando parte da banda de gaitas Invernía.

Banda de gaitas Invernía de Buxantes con Susana Seivane

Será unha gran experiencia a que vivan estes costeiros, en boa parte gracias á axuda do Concello de Dumbría e a Asociación de Veciños de Buxantes.

Aquí vemos unha das pezas (Himno dos 90) que tocaron o venres pasado con Susana Seivane na Estrada.

Comentarios