mércores. 30.04.2025
El tiempo

Gran expectación ante o comezo da campaña de trampeo da vespa velutina en Dumbría e Zas

presentacion-campaña-vespa-velutina-Dumbria 2
Gran interese na charla dumbriesa
Gran expectación ante o comezo da campaña de trampeo da vespa velutina en Dumbría e Zas

Arrincaron a campaña de trampeo contra a invasora vespa velutina en Zas e Dumbría. Fixérono con grande interese por parte da veciñanza, con máis dun cento de veciños e veciñas en cada evento.

En Dumbría

presentacion-campaña-vespa-velutina-Dumbria

O Centro Social de Dumbría acollía a primeira xuntanza formativa que sería para repartir 200 trampas entre os máis de 100 veciños que se achegaron ata o Centro Social de Dumbría.

O alcalde de Dumbría, Raúl González, e o responsable da empresa contratada para esta campaña informaron á veciñanza sobre os perigos que entraña esta especie e sobre como combatela.
Nos vindeiros días continuarase co reparto de material nas oficinas municipais para as persoas que así o soliciten.

En Zas

presentacion-campaña-vespa-velutina-Zas

Mentres, o Centro Sociocultural de Zas acollía o mesmo evento, tamén con presenza dun centenar de veciños. O Tenente de Alcalde, José Manuel Brenlla, deulles as grazas aos veciños “Queresmos darvos as grazas por unha vez máis sumarvos a esta loita contra a vespa velutina, xa que este é un traballo que debemos facer entre todos”, sinalou Brenlla.

I é que grazas á colaboración da veciñanza, que este ano, na 8ª edición da campaña municipal, é maior que en anos anteriores, instalaranse unhas 500 trampas en todo o municipio.

Segundo explicou Isidro Rodríguez, responsable da empresa encargada da campaña (Plaguiber), prevese que este ano haxa un novo repunte de capturas xa que “as temperaturas do inverno foron suaves e déronse as condicións ideias para que as raíñas sobreviviran”. É precisamente nestes meses, febreiro e marzo, o momento ideal para a instalación de trampas para capturar o maior número de raíñas posibles que están a despertar do seu letargo. “Cantas máis raíñas se capturen máis niños primarios se evitarán”, sinalou o responsable de Plaguiber.

Lembraron que segundo os datos recollidos ano a ano, no 2023 houbo un claro repunte do número de vespas atrapadas cun total de 15.297 capturas.

As familias que queiran máis trampas poden chamar ao Centro Sociocultural de Zas a través do número de teléfono 981 751 398.<(/p>

012

Durante a charla recordouse que o 012 é o número de teléfono ao que os veciños e veciñas deberán chamar para solicitar a retirada de niños.

Comentarios