Jorge Quintáns quedou ás portas do Equipo Nacional de Piragüismo
Volveu con mal sabor de boca o CDP Piragüismo Dumbría da segunda proba da Copa de España de Slalom celebrada na Canle Olimpica de La Seu de Urgell. Acodían con 3 deportistas pensando na Selección Nacional, e volven de baleiro tras pagar o pato da inexperiencia.
O vimiancés Jorge Quintáns quedou fora dos selectivos para formar parte do equipo nacional por un só posto. Tiña que quedar entre os 10 primeiros para obter o pase para disputar os selectivos do Equipo Nacional de Slalom sub23 pero rematou 11º.
Martín Fdez Romar en Le Seu-Foto-Norbert Aguilera
Pola súa banda os cadetes Martín Fernández Romar e Brais Sánchez Cancela era a primeira vez que competían nesta canle artificial, e pagaron a súa inexperiencia con erros que estropeaban boas baixadas, pero que deixando a sensación de que son quen de navegar con soltura nun escenario tan complicado coma o que acolleu os xogos olimpicos de Barcelona.
Brais Sánchez Cancela-Foto-Norbert Aguilera
Parón
Novas relacionadas
- Febreiro 2021: Digno papel dun mermado CDM Piragüísmo Dumbría no río Tea.
- Xaneiro 2021: O CDM Piragüismo Dumbría volve con catro medallas de Mondariz: