A mañá de venres sáldase con dous accidentes en Esteiro e no Ézaro
15:32 27/09/19
Mañá accidentada pola comarca. Xa chegando ao mediodía un vehículo sufría unha saída de vía batía contra uns contedores na estrada AC-550, no centro do Ézaro, en Dumbría. Non houbo feridos de consideración pero os desperfectos no mobiliario urbano foron considerables.
Contra unha formigoneira
Así mesmo, en Esteiro, Muros, un turismo bateu contra unha formigoneira. O condutor do vehículo necesitou asistencia médica, por iso, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos profesionais sanitarios, así como o GES de Muros, Policía Local e Garda Civil de Tráfico.