Luns. 29.04.2024
El tiempo

Maxia, música, teatro, contacontos, obradoiros e ata un scaperoom invaden as Casas Culturais de Dumbría por Nadal

NADAL Dumbria 2023 copia
Maxia, música, teatro, contacontos, obradoiros e ata un scaperoom invaden as Casas Culturais de Dumbría por Nadal

Arrecende a Nadal por Dumbría. As Casas das Cultura das Parroquias están xa cheas de motivos para disfrutar desta máxica época. De feito, este Nadal a rapazada pode traer as súas cartas para Papá Noel, o Apalpador, ou os Reis Magos ás Casas Culturais e dende alí encargaranse de facérllelas chegar.

Tamén poderán os propios nenos e nenas das clases de informática trasldarlles el@s mesm@s as súas peticións nas conexións telemáticas que farán na semana do 15 ao 21 de decembro.

As casas acollerán numerosos obradoiros infantís de manualidades e ata unha scape room na biblioteca. E non faltarán as actuacións de maxia, música, teatro, contacontos… e unha Festa Infantil no Conco con moitas sorpresas. Haberá xogos, obradoiros de manualidades, pintacaras, globoflexia, risas e diversión.

Para asistir a esta festa é preciso inscribirse no Concello ou nas Casas Culturais, e xa podes descargar aquí a solicitude.

E, para pechar estas datas de Nadal, a tarde do 5 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.

Máis programas de Nadal na Comarca

Comentarios