Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo

Alto de Peñafiel-Monte Pindo-Foto-Modesto
Alto de Peñafiel-Foto-Modesto
O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo

Estamos entrando no outono, os días son máis curtos e pola mañanciña temos rocío polos camiños. Esto non nos priva de seguir facendo senderismo pola nosa comarca. Hoxe imos falar da visita ó alto do Pico de Peñafiel.

Antes de nada, creo que este nome non é o correcto e así o testimuñan os veciños de Arcos que sempre o coñeceron como O Castelo Grande do Pedregal, que o diferenciaban do que está a uns 300 m. máis ó norte coñecido como O Castelo Pequeno. Este Castelo tíñano como un reloxo de sol porque dá a casualidade que, cando o sol pasa polo seu meridiano xeográfico, a sombra do penedo proxéctase cara ó leste, indicando que xa é a hora de xantar.
Creo que o nome de Peñafiel déronllo os pescadores da Ría para marcar os caladoiros con referencias situadas en terra. Cando referenciaban ó Castelo Grande, confundíano coa Torre sitúada na Ruña, coñecida como Peñafiel.

Para visítalo débese partir do aparcadoiro do lugar do Fieiro. É un traxecto duns 1,3 Qm. con tramos de forte pendente empregando no seu recorrido un tempo aproximado duns 45 minutos. Cóllese a estrada asfaltada que baixa á presa do encoro de Santa Uxía e nun treito de 400 m. apártase a esquerda polo segundo camino, en bó estado, que enlaza con outro que corre de norte-sur.

Aquí tómase o do norte nun treito de 50 m. xírase á esquerda cunha baixada entre muros duha pendente do 30%. ata o río, coñecido como Sancheferro. Ten unha ponte rústica chamada Ponte das Chozas ou tamén Os Pasales de Arcos por seren os canteiros de Arcos os que a reconstruíron en 1950 para ir traballar a Ponte do Ézaro. Nada máis subir uns 50 m. topamos cun camiño medieval que a media ladeira vai en zig-zag ata Os Petóns das Chozas. Neste cruce, apenas identificado no terreo, aparece outro sendeiro que vai á fonte das Chozas e tamén antigüamente conducía a Ponte do Ézaro.

Seguimos subindo entre os dous castelos hasta a divisoria de augas. Aquí existe unha portela con grandes laxes espetadas, seguramente para cortar o paso do gando, coñecída como A Portela de entre Castelos. Xiramos á esquerda subindo escalóns e nunha pequena planicie, aos pés do Pico, recíbenos “O Guardián”, que é unha rocha antropomorfa situada na pequeña plataforma cuberta con toxos onde se agochan os restos de dúas primitivas construccións.

Como subir a rocha de Penafiel pola cara norte no Monte Pindo
Subida pola cara norte

Itinerario Pico Peñafiel no Monte PindoSó nos queda a subida por un só carreiro que sae polo lateral norte para alcanzar a cota final de 394 m. de altura. Antes debemos tomar certas precaucións, como son as condicións metereolóxicas, sen vento e sen choiva, non padecer vértigo e levar calzado con piso antedeslizante.

A subida podémola dividir en tres tramos, con pendentes que poden superar o 45%. Comenzamos a subida pola primitiva rampa de pedra e a uns 10 m. xiramos a esquerda procurando seguir as fendas das rochas (diaclasas) trepando “a gatas”. Este primeiro tramo e algo complicado pero axúdanos alguna xestas que nos amparan no treito. Aquí nos encontramos co rótulo gravado na rocha da excomunión a Rodrigo de Traba polo obispo Xelmírez e dános un pequeno descanso para contemplar as panorámicas do entorno.

O segundo tramo é curto, pero ten unha forte pendente tendo que trepar polo roquedo situado cara ó oeste auxiliados por algúns primitivos escalóns sobre a rocha. Se continuamos dereito cara ó sur entre maleza chegamos a gorxa onde se apoia a enorme cabeza do petón, duns 5 m. de alto, que se pode rodear. O último tramo sube por uns roquedos con rústicos escalóns feitos sobre a rocha e aínda se ven restos de furados para rachar as rochas con cuñas de ferro. Xa no alto, o primeiro que vemos cara ó leste é unha gran pía cuberta de herba seca que dín que era a Cama da Fertilidade e a man dereita hai unha enorme pía que dá a sensación de que ten auga todo o ano.

Grabados en Peñafiel noMonte Pindo
Os gravados de excomuñón de Peñafiel

Máis adiante hai varias pías unidas unhas con outras en cadea con pequenas cascadas. Din que era onde se facían os rituais dos sacrificios paganos. Se damos uns pasos cara o sur e salvando unha pequena trincheira natural cuberta de herba observamos polo latera este uns ocos como se foran para soster vigas de madeira e no lateral oeste existe unha profunda pía que os lugareños a coñecen como A cadeira da Raíña Lupa. Pegado polo lateral oeste, exite un profundo oco con forma de garita duns 2 m. de alto. Toca a baixada que se pode facer máis complicado, que a subida.

Cadeira da Raina Lupa en Penafiel-Monte Pindo
A cadeira da Raíña Lupa

Patrimonio Pindexo

Outros artigos no "Modesto Patrimonio"

Comentarios