O Modesto Patrimonio: O aforamento do Coto de Buxantes

Mapa antigo de Fontan de 1845 da comarca de Fisterra

Naqueles tempos a riqueza estaba centrada principalmente nas ordes relixiosas,  destacando na nosa comarca o Mosteiro de S. Xulián de Moraime, que dependía de San Martín Pinario de Santiago. Si repasamos os reinados daquela época destaca Alfonso VII, fillo de Dona Urraca, nacido en 1105 en Caldas, que máis tarde tomaría o nome de Caldas de Reis. Este sufrido crío debeu pasalas canutas porque tiña enemigos por todas partes cos seus familiares. A morte da súa nai, tivo como tutor ao bispo Xelmírez de Santiago que o debeu agochar no convento de Moraime para non ser liquidado polos seus enemigos. Foi coroado Rei aos 5 anos na Catedral de Santiago o 25-09-1110 e, como pago deste favor, os monxes de Moraime recibiron o Coto e Realengo de (Vixiantes) Buxantes. As leiras que traballaban os labregos serían aforadas entre os veciños dos distintos lugares da parroquia e tiñan que pagar unha renda en trigo limpo de polvo e palla, e especies como manteiga ou mel, levados no carro, todos os anos nos meses de Agosto e Setembro ao convento de Moraime. Así o di un documento firmado o 26-04-1596 no lugar da Fonte Santa de Buxantes. 

Outra cousa son os terreos dos igrexarios parroquiais, moitos deles conseguidos por doazóns en pago de misas, funerais e responsos polos seus difuntos. Pero esta riqueza eclesiástica rematou  co reinado de Isabel II (1833-1868). Esta raíña, agobiada coas arcas vacías polos gastos das guerras carlistas, encontrou un ministro moi espabilado chamado Juan Alvarez Mendizábal (1836-37) que lle resolveu o problema económico. Aproba unha Lei chamada “Desamortización de Mendizábal” onde as ordes relixiosas e parroquiais non podía ter máis de 5 Ha. de terreo en propiedade. Todo o que excedera de esa cantidade tiña que sair a pública subasta. O cura de Buxantes, Cristóbal de Lago Trillo , natural de Morpeguite (m. en 1888) recibiu a orde de enviar un inventario de todolos terreos que poseía a igrexa de Buxantes. Foi amonestado tres veces por mandar os inventarios falso. As fincas deste inventario están reseñadas no meu libro publicado en 2008 sobre o Concello de Dumbría. Enterados de que ian entrar na subasta, os parroquianos Andrés Quintáns Cives, que era  o meu tataravó, da Filgueira, e o seu cuñado, Ramón Trillo de Busto, hoxendía Casa de Abuelo, compraron varias leiras, entre elas as coñecidas como O Igrexario da Carreira e o Prado Grande, a través dun testaferro chamado Patricio Moreno de Santiago, o cura entrou en cólera e preparou un expediente de excomunión o 30-08-1876, poñendo como testemuñas a D. José Lema, cura de Sta Uxía do Ézaro e D. Manuel Romero, cura de Santiago de Berdeogas.

Sospeito que toda esta amenaza debeu rematar nun arreglo económico co cura. Desta compra, a leira da Carreira, que ocupaba o actual cemiterio de Buxantes, foi para Andrés e o Prado Grande para Ramón que máis tarde o doou a súa sobriña Inocencia que rematou en matrimonio, con Evaristo, fillo de Andrés; deste xeito pasaron todos estes terreos a familia Quintáns da Filgueira. Despois de 150 anos, a leira da Carreira pasou ao final por herdanza ao seu tataraneto Modesto, quen escribe, que na actualidade o usa coma un ximnasio, tendo como instrumentos deportivos o sacho, a forcada ou o fouciño.

 

Patrimonio Pindexo

 

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”