Nace o Clube Ciclista Dumbría


Por Dumbría seguen ao seu, facendo do deporte un modo de vida. O proxecto deportivo elaborado polo C.F. Dumbría segue dando os seus frutos. Logo do magnífico papel da sección de voleibol ou a de piragüismo, este sábado comezará cunha nova singradura. Un paso importantísimo para o futuro da entidade i é que nace a nova sección deportiva adicada o mundo da bicicleta, o Clube Ciclista Dumbría.
Esta iniciativa nace logo da gran demanda que existe en todo o municipio e na comarca por este gran deporte. O éxito da ruta organizada no mes de febrero foi o paso que necesitaban para realizar esta sección. O club xa está dado de alta oficialmente na Federación Galega de Ciclismo e a día de hoxe xa conta con 42 deportistas adultos.
Escolas Deportivas Ciclistas
Pero máis alá de ser un clube que organiza salidas programadas, xa anuncia a posta en marcha das escolas deportivas de ciclismo, destinada a nenos e nenas a partir de 8 anos tanto en mountain bike coma carretera. Esta escola é o futuro do club, que competirá a tempada que vén nas competicións organizadas pola Federación Galega.
Os adestramentos sempre estarán baixo a dirección dun director deportivo en ciclismo, e o lugar destinado para os adestramentos é, como non, as instalación deportivas do Novo Conco, onde xa se está habilitando un terreo para que os nenos/as realicen os exercicios.
José Castiñeira Costa, Concelleiro de deportes, será o responsable da sección de ciclismo.
Presentación en sociedade
O vindeiro sábado 25 de xuño as 11,00h nas instalación deportivas do Novo Conco terá lugar a presentación oficial do clube. O presidente da Federación Galega de Ciclismo D. Manuel Tallón Mesias xa confirmou a sua asistencia xunto co corredor profesional Ezequiel Mosquera. O alcalde de Dumbría e Presidente do club José Manuel Pequeño presidirá a ceremonia. A mesa completana José Castiñeira Costa, Concelleiro de deportes e responsable da sección de ciclismo e César Ferrío, Técinico Deportivo do Concello de Dumbría.
Novas relacionadas
- I Ruta BTT Dumbría: As bicicletas tomaron os montes de Dumbría.
- O ciclismo, unha afección en auxe na Costa da Morte.
- Por un carril bici que una Cee e Corcubión .
- Un exemplo sostible no carril-bici.
- 31-08-10: A Ruta BTT encheu Vimianzo de ciclistas.
Fonte
- Nota de prensa do CDM Dumbría da man de César Ferrío.