Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte entende a necesidade do CMAT

A Costa da Morte entende a necesidade do CMAT
Xuntanza da APTCM-Foto-Pan

Tivo lugar onte en Vimianzo a xuntanza aberta do sector turístico que convocaba a nova directiva da APTCM. E se ben o quorum non foi o esperado (unhas 30 persoas) parece que o discurso si que calou nos asistentes. O propio presidente da entidade, Pablo Canosa, entende que “a xente está cansada de ir a reunións que non frutifican”, pero valora que “a xente captou bastante ben a mensaxe e a informarción que quería dar a APTCM e entendeu que o futuro é o CMAT e temos que estar aí. A xente que foi douse conta da importancia da reunión e do importante que é apoiar o CMAT”.

Unha das cousas que máis valorou a directiva, foi a implicación dos membros do sector, pois mesmo houbo propostas dende os hostaleiros para que eles mesmos capten novos socios para a entidade polas súas zonas. Que mellores embaixadores da APTCM e da CMAT, que representan a día de hoxe a unión do sector, que os propios hostaleiros.

A reunión serviu para explicar como se crearon os Xeodestinos por parte da Xunta para repartir fondos. Ao mesmo tempo que se crearon os seus Xeodestinos, cada un creou a súa ferramenta de comunicación do Xeodestino, que no noso caso ten que ser o CMAT, pois que deixou claro a Xunta e a Deputación é que o finamenciamento vaise dar a través do CMAT, se este non se constitúe, non vai haber apoio ecnoómico da Xunta.

Máis e máis concellos

Saben que o Xeodestino Costa da Morte está formado por 17 concellos, os 15 das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra, ademais de Carnota e Mazaricos. Se hai apenas dous meses só había 4 concellos convencidos, despois de dous meses de arduo traballo, un traballo de batalla con unha ou dúas reunións cada día, reuníndonos cos alcaldes… algo que só puidemos facer por estarmos en temporada baixa”, como recoñece o propio Canosa, xa hai 15 concellos practicamente dentro.

Hai 8 que xa teñen confirmación plenaria, e outros 7 concellos que os van levar a pleno nos vindeiros plenos. Pero, hai outros dous, Carnota e Laxe, que pola situación financieira non poderían adherirse a día de hoxe.

”Fai dous meses había 4 concellos, e agora somos 15. Esto anima, a xente reacciona. A hora que temos que incicidir, unha vez que temos o apoio político, temos que convencer a todo o sector”, valora.

Collendo músculo

Dous alicerces terá o CMAT, un do sector público (concellos) e outro do privado (APTCM e hostaleiros). A agrupación do sector público e privado teñen que poñerse dacordo para poñerse en contacto coa Xunta. A día de hoxe a APTCM pon o 10% do orzamento, pero dende APTCM cren que sería positivo que o sector privado aumente a súa aportación, mesmo ata aportar o 51% “para ter máis peso, e así poderíamos ter máis forza ante as administracións”, sinalan.

Conferencia sobre o Camiño

O venres 19 de decembro, ás 12:30, no Salón de Plenos do Concello de Cee, terá lugar unha conferencia sobre o Camiño de Santiago e a súa prolongación á “fin do mundo” organizada polo Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor. Unha cita que chega despois da confirmación do apoio por parte da Xunta.

Os encargados de transmitir aos alumnos e alumnas a importancia do Camiño, as súas orixes e a situación actual do mesmo serán Víctor Castiñeira, historiador e técnico de cultura do Concello de Cee, e Begoña Valdomar, Presidenta da Asociación Galega de Amigos do Camiño e hospitaleira do Albergue municipal de peregrinos do Concello de Fisterra.

Esta actividade está encadrada na estratexia fixada polos Concellos de Cee, Corcubión e Fisterra de promoción e conservación dos recursos naturais e culturais ligados ao camiño de Santiago e no recoñecemento ao cometido das persoas que traballan no sector e dos propios peregrinos que son finalmente os que definen a esencia do Camiño.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios