Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Deputación e Concellos danlle un impulso ao CMAT

Deputación e Concellos danlle un impulso ao CMAT
Reunion da APCTM ca Deputacion

Paso chave para o devir do tan importante Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), e máis se cabe despois de saber ademais a grave situación da Neria. Se os concellos son fundamentais para que a entidade vaia adiante, as administracións como a Xunta ou a Deputación son por igual.

E se a A Xunta xa ten recoñecido ao CMAT como único interlocutor para o turismo na Costa da Morte, parece que a Deputación vai na mesma dirección. Ou alomenos así llo trasladaron este pasado venres aos membros da directiva de APTCM (Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte), a entidade que está dando os pasos para a creación deste Consorcio.

A reunión serviu como unha nova toma de contacto entre ambas entidades, dando así resposta ao compromiso que no seu día adquiriu o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, de incrementar a colaboración con este ente turístico da Costa da Morte.
Ata o momento xa hai 9 concellos da contorna adheridos a esta asociación (Cee, Fisterra, Zas, Cabana, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Laracha e Mazaricos) e se agarda que en próximas datas poidan facelo máis concellos, co obxectivo da posta en marcha de accións coordinadas de promoción turística nesta comarca.

Ao encontro asistiron, entre outros, o presidente da entidade, Pablo Canosa; o vicepresidente provincial e responsable da área de Turismo, Antonio Cañás; e os alcaldes de Cee (Zaira Rodríguez, tamén diputada provincial) e Fisterra.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios