Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Novas melloras na estrada entre Brens e Hospital

estrada de Hospital a Dumbria
Novas melloras na estrada entre Brens e Hospital
Novas melloras na estrada entre Brens e Hospital

É unha das estradas de saída máis utilizadas dende a comarca de Fisterra cara o interior. Pero a cantidade de curvas e a estreitura fan que sexa un vial verdadeiramente perigoso. Por iso, a Deputación da Coruña vai investir 1 millón de euros para a mellora da seguridade na estrada DP 2302, que une Hospital e Brens, entre Cee e Dumbría.

As actuación proxectadas levaranse a cabo na DP-2302, que une os núcleos de Hospital e Brens, entre os PK 2+100 e 5+890. Consisten na mellora da estrada, aumentando a sección actual dotándoa de dous carrís de circulación con 3 metros de ancho e beiravías de 0,50 metros, e na modificación de catro interseccións, co suavizado de curvas e a execución de carrís de espera e cuñas para facilitar as incorporación e mellorar a visibilidade, Ademais, repoñerase o firme en toda a zona de actuación.

Comentarios