Novas melloras nas estradas do Mirador do Ézaro para poñerse a punto para a Vuelta

22:15 24/03/13

Volve Dumbría poñerse ao lío para ter todo listo para a chegada do pelotón, Así, e tralo atracón de obras na subida ao alto do Ézaro o ano pasado, toca de novo poñerse cas mellores.
Así, o pleno da Deputación da Coruña celebrado o pasado venres aprobou un novo acordo co concello de Dumbría no que se formaliza a achega provincial para as obras do camiño de San Crimenzo ao cruce de Santa Uxía no Mirador do Ézaro.
Con estas actuacións, mellorarase a capa de rodadura e sinalizarase o cruce de Santa Uxía con pintado de cebreados e isletas, así coma coas sinais verticais pertinentes.
A achega provincial para este fin será de 40.000 euros, que supón un 74,57% do orzamento total previsto para este fin de 53.641,32 €.
Novas relacionadas
- Dumbría tamén supera a meteroloxía adversa e afianza a BTT no panorama galego.
- Os alcaldes da Costa preparan un calendario de actividades para La Vuelta.
- A Etapa da Fin do Mundo da Vuelta 2013 subirá o Ézaro e rematará en Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).