Mércores. 22.05.2019
El tiempo

Novas melloras para a senda peonil de Olveiroa

Novas melloras para a senda peonil de Olveiroa

A senda peonil e ampliará a estrada DP-3404, en Olveiroa, Dumbría, é moi frecuentada polos peregrinos para acceder á ermida de Santa Lucía. Por iso cómpre acometer unha mellora. Será a Deputación a que axude cun investimento de 462.313 euros para mellorar un quilómetro a senda da estrada que une a Serra de Outes e Dumbría.

Na actualidade, este tramo da estrada conta cunha calzada de 6 metros de anchos, sen beiravía na marxe dereita. As actuacións proxectadas inclúen a ampliación da plataforma ata nove metros e a creación dunha senda peonil de 2 metros de ancho na marxe dereita, facilitando así os desprazamentos tanto dos veciños como dos peregrinos en total seguridade.

O novo itinerario peonil executarase en formigón e pavimento armado de cor negra de 15 centímetros de espesor. Como elementos de separación entre a senda e a beiravía, disporanse lastros de granito ao longo de toda a estrada.

Complementariamente, tamén se executarán as redes de pluviais e de alumeado público e se levaran a cabo tarefas de roza e limpeza nas marxes da estrada.

Fonte

  • Deputación.

Comentarios