Martes. 22.10.2019
El tiempo

O Campionato de España serviu para preparar o Mundial nos coutos do Xallas e Anllóns

O Campionato de España serviu para preparar o Mundial nos coutos do Xallas e Anllóns
Beatriz Mato achegouse ao rio Xalas Beatriz Mato achegouse ao rio Xallas

Acollían esta fin de semana os coutos do río Xallas, en Dumbría, e o de Verdes, no río Anllóns, o Campionato de España de Salmónidos Mosca Xuventude. Unha proba que serve de perfecto exercicio para o Campionato do Mundo, que acollerá por primeira vez Galicia o vindeiro mes de agosto.

A selección Galega conseguía o 1º posto por equipos, e ademais, a nivel individual, o pescador de Lugo Alejandro Perez Trebolle proclamouse Campión de España, logranfdo así a clasificación directa para o Mundial. Os outros galegos nos postos altos da táboa foron Santiago Jacobo Mazas Saavedra (5º), Miguel Corcobado (4º) e Manuel Gómez Fdez. (7º).

O lucense Alejandro Perez Trebolle Campion de Espana de Salmonidos Mosca Xuventude no Xallas O lucense Alejandro Perez Trebolle Campion de Espana de Salmonidos Mosca Xuventude no Xallas Seleccion Galega de Salmonidos Mosca Xuventude Campiona de Espana Seleccion Galega de Salmonidos Mosca Xuventude Campiona de España

Participaron na proba estatal 40 mozos menores de 18 anos, procedentes de nove autonomías distintas, e que se distribúen en tres categorías: individual, seleccións autonómicas, e selectivo de alta competición.

Son estas probas a mostra do auxe da pesca deportiva e recreativa en Galicia, un deporte que permite un mellor coñecemento do noso medio natural e do comportamento dos peixes, ao tempo que actúa como dinamizadora do entorno e do turismo de natureza. En todo caso, cómpre lembrar que a pesca está “moi estendida” en Galicia, como demostran as preto de 50.000 licencias que se expediron en Galicia ao longo deste ano; os 149 coutos que hai na comunidade autónoma; ou os 68 tramos libres habilitados para a modalidade de pesca sen morte.

Preparación para o Campionato do Mundo

Cartel_Mundial_Pesca_Salmonidos_Galicia 2016

O XV World Youth Fly Fishing Championship chegará á Costa da Morte do 8 ao 14 de agosto, no couto do Río Anllóns e no couto de Xallas, “un dos mellores de Europa”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios