O CDM Piragüismo Dumbría regresa de Irún con sabor agridoce


Outra vez os calendarios escolares entraban en conflito co calendario da Federación Española de Piragüismo, e varios exames impediron que alguén rapaz non puidera ir ca expedición do CDM Piragüismo de Dumbría a competición de Irún. Finalmente foron apenas dous os participantes Iago Canosa e Javier Trigo, ademais dunha abridora, a infantil Kiara Martinez, que viaxaron para ir descubrindo o que é unha Copa de España.
Na xornada de preliminares o vento foi o protagonista, con rachas que as veces eran bastante fortes, e movían bastante as portas. Ademais, os paus estaban recheos de area para pesar máis e voar menos, pero iso acabou por según avanzaba a competición baixar a altura das portas, provocando máis dunha penalización inmerecida; pero ás condicións hai que adaptarse.
Iago Canosa cumpliu con soltura o sabado, competía en C1 para poder estudar o percorrido, e competir mellor logo na súa modalidad, o kayak. Pasou mesmo así con solvencia as dúas semifinais.
Non foi así con Javier Trigo, que cun posto vintesete quedou bastante lonxe da clasificación. É unha pena, por que o muito traballo que fai Javier entrenando non se acaba de ver refrexado nas competicións.
Kiara Martínez non foi moi feliz nesta ronda, os nervos a atenazaron, e según a zona onde competía sacou o mellor e o peor dela. Despois dunha charla, e de facela reflexionar sobre a súa forma de competir, o domingo saiu con moita mellor actitude. Kiara acabou dando un paso moi grande este fin de semana.
Doble final para Iago Canosa
En canto o noso representante nas semifinais do domingo, Iago Canosa, este se tomou con muita calma a semifinal de C1, trazando amodiño e polo sitio. A manga, realizada de paseo, deu sin embargo para a primeira sorpresa agradable da competición, posto que o olveirán se colou na final reservada os canoistas cadetes. Non tivo esta sorte sin embargo na súa modalidade máis traballada, o Kayak. O exceso de toques lle levaron a unha penalización de 8 segundos que pesaron coma unha lousa que impediu a súa clasificación na ronda final por apenas unhas décimas.
Foi cando entón decidiu disputar a final de C1, na que en principio non tiña pensado participar, para sacarse a espiña polo mal resultado no kayak, realizando unha sensacional final que o levou a un estupendo 6º posto final.
Na viaxe de volta houbo tempo para o análise dos resultados, e os nosos palistas xa están pensando nunha das competicións máis importantes para a entidade da tempada, a Copa de España de Slalom que se celebrará en Padrón dentro dun mes. "Aí temos que dar a nosa medida posto que xogamos en casa", asegura o adestrador Quique Portela.
Deixámosvos aquí os Resultados finais da proba.
Máis información
Novas relacionadas
- O Piragüismo Dumbría volve con dúas medallas demasiado custosas de Tomiño.
- Tres piragüistas dumbrieses na final proba internacional de O Fridao.
- Iago Canosa pon o listo moi alto nun prometedor arranque de campaña do Piragüismo Dumbría.
- O CDM Piragüismo Dumbría abre unha nova e ilusionante tempada.
- 30-09-12: O Piragüismo Dumbría proclámase Subcampión da Liga Galega no seu 5º ano.
Fonte
- Nota de prensa do CDM Piragüismo de Dumbría, da man de X. Henrique Portela.