Venres. 26.04.2024
El tiempo

O CEIP Santa Eulalia de Dumbría conta cun novo profesor de apoio

O CEIP Santa Eulalia de Dumbría conta cun novo profesor de apoio
ceip santa eulalia dumbria O pasado curso académico houbo varias manifestacións en contra dos recortes de profesorado no CEIP Santa Eulalia de Dumbría O CEIP Santa Eulalia de Dumbría conta dende onte dun novo profesor de apoio que tanto reclamaron o curso académico pasado os pais e nais do alumanado do centro. Así, o portavoz do Partido Popular de Dumbría - Manuel Barcia - manifestou a súa satisfacción pola nova despois de que mantivera unha reunión fai unhas semanas co xefe territorial da consellería de Educación e Ordenación Universitaria - Indalecio Cabana - na que lle trasladou as necesidades do centro. "Era unha necesidade que tiñan os alumnos e alumnas para poder seguir coa súa formación de forma correcta", indicou o portavoz popular quen explicou que o novo profersor acudirá ao centro os martes e xoves de cada semana.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios