![Manuel Barcia-PP Dumbria]()
O empresario Manuel Barcia
Conmoción política en Dumbría e na Costa da Morte trala detención, durante a mañá do pasado mércores, do único edil do PP en Dumbría, Manuel Barcia, por un presunto delito de violencia de xénero.
O empresario, natural de Santa Comba, comezaba a súa carreira política en 2011 liderando a lista do Partido Independente dos Empresarios de Dumbría (PIED). Conseguía meterse no pleno e foi “fichado” polo Partido Popular en 2014 substituíndo a Ramiro Iglesias Louzán.
Reaccións
Non se fixo agardar a reacción do PP Provincial que vén de anunciar a suspensión cautelar de militancia de Barcia.
O PP abríu xa un expediente informativo e pediralle que presente a renuncia á súa acta de concelleiro en canto teñan posibilidade de poñerse en contacto con el.
Fonte
GC