Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Entroido de Dumbría busca ao seu Rei

O Entroido de Dumbría busca ao seu Rei

Como cada ano, o Concello de Dumbría organiza un concurso de disfraces o domingo de entroido. A cita grande terá lugar o domingo 6 de marzo, complementándose co de Cee que será o sábado e co de Fisterra que ten a súa cita forte o martes. Ademais o entroido dumbriés chega con verbena xa que ao final a Miramar poranos a bailar.

Haberá 3 premios no apartado de comparsas:

  • 1º clasificado: 800 €.
  • 2º clasificado: 400 €.
  • 3º clasificado: 200 €.

Tamén hai un premio ó mellor disfraz individual: 120 €

Inscrición

As comparsas que desexen participar teñen que inscribirse nas oficinas municipais, onde poderán consultar as bases do concurso, ou ben chamando ó teléfono 981 74 40 01.

O prazo de inscrición pecha ás 15.00 horas do xoves, 3 de marzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Dumbría.

Comentarios