xoves. 07.11.2024
El tiempo

O fraude forestal do Caso Maceiras chega ao Parlamento

O fraude forestal do Caso Maceiras chega ao Parlamento
Fraude forestal nos bosques da Costa da Morte

Non era sen tempo. Xa levabamos un tempo sen saber nada dun dos casos de fraude máis gordos que se recordan, no que están metidos unha ou varias empresas, varias administracións, mesmo Correos... Unha trama que suplantaba a identidade de propietarios de terreos forestais na Costa da Morte para conseguir subvencións por traballos de reforestación e limpeza de montes que case nunca se realizaban e sen o consentimento dos propios veciños de Vimianzo, Muxía e Dumbría.

Un auténtico escándalo do que non falabamos dende haimáis de 4 meses pero que hoxe volve a actualidade. É o PSdG, a través de Marisol Soneira, o que leva o asunto ao Parlamento Galego a través dunha proposición non de lei para que o Goberno galego abra unha comisión de investigación que sirva para depurar responsabilidades.

Xa hai denuncias interpostas polos veciños afectados por unha estafa de varios millóns de euros, na que mesmo funcionarios públicos son cómplices da trama.

O PP asegura que xa hai unha investigación en marcha

Así, o Grupo Parlamentario Popular lembrou hoxe que hai en marcha unha investigación xudicial en curso á que lle corresponde dilucidar si existiron irregularidades nas solicitudes de axudas á reforestación de terras non agrarias nos concellos da Costa da Morte. O deputado popular Jose Manuel Balseiro defendeu que “cómpre respectar e esperar a que a Xustiza actúe e esclareza estes feitos para que desde a Xunta se adopten as decisións oportunas conforme ao que determine a futura resolución xudicial”.

E no transcurso do debate dunha iniciativa parlamentaria sobre este asunto na Comisión 7ª do Parlamento de Galicia, Balseiro lembrou que "o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión investiga se estamos ante un caso de presunta usurpación de identidade, falsidade en documento público e estafa e, en concreto, valora co peritaxe xudicial pertinente si foron falsificadas as sinaturas dos solicitantes".

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios