Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A Cabana da palla do millo

O Modesto Patrimonio: A Cabana da palla do millo
Cantas cousas recupéranos o bo de Modesto García Quintáns do noso agro. Despois de a href=/o-modesto-patrimonio-apanar-o-mato-en-primavera/>Apañar o mato imos gozar con estas imaxes que se están perdendo, das cabanas da palla do millo:

”A Cabana da palla do millo”

A Cabana de millo- A Cabana de millo- Hoxe imos falar da última etapa da recollida do millo e da palla, retrocedendo á época dos nosos avós. Trátase da “esfolla” da espiga e a almacenaxe da palla. Diremos que a sementeira do millo tiña un calendario acorde co relixioso sen esquecer as fases da lúa. Comeza por Semana Santa coa preparación da terra, por maio florido coa sementeira e remata sobre o mes de Tódolos Santos. Os meses máis importantes, cando se forma a espiga, son os de xullo e agosto. As terras da ribeira por ser moi areosas tiñan que ser regadas coa auga dos ríos como o de Brens ou o río Rosa do Ézaro. Desde moi antigo xa existían canles preparadas para distribuir o caudal entre os veciños por horas o que en moitos casos provocaba grandes liortas e inimizades. Neste período, de tempo na metade do pé, ao millo brótalle uns bigotes ou “barbas” e ao mesmo tempo, na punta de arriba, aparecíanlle uns pequenos plumaxes coñecidas como “cencenos” que soltaban un po abrancazado que o vento arrastraba polo aire recorrendo as leiras do entorno. Este po caía sobre cada un dos pelos das barbas e o preñaba dando lugar o grans de millo; cada pelo era un gran. Por iso cando miramos unha espiga podemos encontrar grans de distintos cores e formas producidos polos cencenos doutras leiras. Neste período solían aparecer pés de millo cun fungo en forma de berruga blanqueciña coñecido como “caruncho”, que ao secar, soltaba un po negro, dañino para os animais domésticos, e tamén un “bichoco” no pé que o furaba e o secaba. Unha vez formada a espiga e xa madura, había que “esfollala”. Cun fouciño cortase o pé polo chan formando pequenos montóns que máis tarde se agrupan nunha “morea” ou “meda”; os familiares sentados nunha cadeira e armados cos “osfolladores” separarán a espiga boa para un cesto para máis tarde levala ao cabazo e a de mala calidade para outro que se sería consumida polos animais domésticos. A palla atábase facendo “fardos” espallados pola leira para que sequen. Se ameaza choiva fórmanse pequenos montóns chamados “pallotes”, que máis tarde serán transportados no carro cara ao eirado para facer “a cabana”. A cabana é como un almacén de palla ao aire libre que alimentará ao gando na época do inverno. A cabana está formada por varios paus longos clavados no chan con forma circular e atados no bico con forma de “palleiro”. Comézase polo chan colocando os fardos no seu rededor, deixando dúas portas diametralmente opostas para que circule o aire. A medida que sube en altura vai reducindo en diámetro, rematando en punta, deste xeito a auga da choiva escorre sen penetrar na palla. - * Os vocablos deste artículo, eran os usados na comarca de Dumbría. Pallote de millo Agra de maiz de Olveira-Dumbria Agra de millo de Olveira Partes do Millo Esfolladores de millo Esfollador de millo-Manexo
  • Modesto García Quintáns.
 

O Patrimonio Modesto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios