O Modesto Patrimonio: A escola de Dumbría
06:28 17/12/16
Seguimos percorrendo o noso territorio da man de Modesto García Quintáns. Hoxe imos coñecer unha desas escolas unitarias que tanta historia teñen detrás.
A escola de Hospital
Nalgunhas parroquias do concello de Dumbría hai lugares moi apartados do núcleo central onde está a igrexa parroquial e a escola dos cativos. Así, o lugar de O Brazal de Buxantes, O Logoso de Olveira, Paradela e Hospital de Dumbría distan máis de catro quilómetros que os nenos tiñan que andar para asistir á escola. Neste caso, a corporación de Dumbría nomeada en sesión do 24 de xuño de 1931, co seu alcalde Juan Grille Fernández, máis coñecido como “O Ferreiro do Logoso”, home emprendedor e intelixente, e o concelleiro Evaristo Quintáns Trillo, da Filgueira, determinaron crear unha nova escola mixta no lugar de Hospital. Como non había un local adecuado, o alcalde decidío construír unha casa a súa conta preto da fonte do lugar para cederlla ao concello como escola. Coa proposta do concelleiro Evaristo, na sesión do 18 de Marzo de 1933, solicitaron o Director Xeneral de 1ª Enseñanza que autorizara a creación desta escola, comprometéndose o concello a ceder o local, a vivenda e o material necesario. Na sesión do 15 de Decembro de 1934, por unanimidade, aprobaron un presuposto de 1.950,30 pts. para comprar o material escolar na tenda Hermanos Cinque na Coruña. A casa, de mampostería e cantería, constaba de planta baixa con letrina incorporada e a planta alta dedicouse a vivenda, que naqueles tempos xa tiña cociña económica de ferro. O curso comezou no ano 1935 coa mestra Dña Amparo Cruceiro Friol de Pontedeume que estivo uns seis anos. D. Juan Manuel Gómez Doval foi o último. A fonte do lugar, preto da capela de San Marcos (desaparecida) foi trasladada recentemente a un espazo cercano a río como área de descanso e alimentada coa auga da traída.- Modesto García Quintáns.
O Patrimonio Modesto
- O Modesto Patrimonio: Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).