O Modesto Patrimonio: A escola de Dumbría

06:28 17/12/16
Seguimos percorrendo o noso territorio da man de Modesto García Quintáns. Hoxe imos coñecer unha desas escolas unitarias que tanta historia teñen detrás.
Nalgunhas parroquias do concello de Dumbría hai lugares moi apartados do núcleo central onde está a igrexa parroquial e a escola dos cativos. Así, o lugar de O Brazal de Buxantes, O Logoso de Olveira, Paradela e Hospital de Dumbría distan máis de catro quilómetros que os nenos tiñan que andar para asistir á escola.
Neste caso, a corporación de Dumbría nomeada en sesión do 24 de xuño de 1931, co seu alcalde Juan Grille Fernández, máis coñecido como “O Ferreiro do Logoso”, home emprendedor e intelixente, e o concelleiro Evaristo Quintáns Trillo, da Filgueira, determinaron crear unha nova escola mixta no lugar de Hospital.
Como non había un local adecuado, o alcalde decidío construír unha casa a súa conta preto da fonte do lugar para cederlla ao concello como escola. Coa proposta do concelleiro Evaristo, na sesión do 18 de Marzo de 1933, solicitaron o Director Xeneral de 1ª Enseñanza que autorizara a creación desta escola, comprometéndose o concello a ceder o local, a vivenda e o material necesario. Na sesión do 15 de Decembro de 1934, por unanimidade, aprobaron un presuposto de 1.950,30 pts. para comprar o material escolar na tenda Hermanos Cinque na Coruña.
A casa, de mampostería e cantería, constaba de planta baixa con letrina incorporada e a planta alta dedicouse a vivenda, que naqueles tempos xa tiña cociña económica de ferro. O curso comezou no ano 1935 coa mestra Dña Amparo Cruceiro Friol de Pontedeume que estivo uns seis anos. D. Juan Manuel Gómez Doval foi o último.
A fonte do lugar, preto da capela de San Marcos (desaparecida) foi trasladada recentemente a un espazo cercano a río como área de descanso e alimentada coa auga da traída.
A escola de Hospital



- Modesto García Quintáns.
O Patrimonio Modesto
- O Modesto Patrimonio: Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).