Mércores. 22.05.2019
El tiempo

O Obradoiro de Emprego Prototurismo2017 pon en práctica o aprendido cunha viaxe a Italia

O Obradoiro de Emprego Prototurismo2017 pon en práctica o aprendido cunha viaxe a Italia
Obradoiro Turistico en Italia [email protected] do Obradoiro Proturismo 2018 en Italia Innovador está sendo este Obradoiro de Emprego Proturismo2017. Esta proposta de formación laboral está evolucionando cada ano, da man da directora Anabel Piñeiro. Este curso, o obradoiro desenvolto entre os concellos de Dumbría, Mazaricos e Santa Comba dá un paso adiante, e para poñer en práctica todo o aprendido durante estes pasados meses, propón unha viaxe a Italia para promocionar a prolongación do Camiño ata Fisterra e Muxía. “Camiños de Formación” é o nome elixido para este proxecto pioneiro dentro dos programas mixtos de formación subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Unha iniciativa que focaliza a aposta decidida dos tres Concelllos pola formación como eixe de desenvolvemento fundamental no noso territorio, así como a importancia cada vez maior que o turismo ten para a nosa zona. Unha iniciativa de carácter demostrativo que visibiliza a importancia da innovación dentro da formación profesional para o emprego. Os seus obxetivos principais son: -Promocionar en Italia a prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía e o turismo de natureza (a promoción turística dos tres concellos é un dos puntos fundamentais do Obradoiro Proturismo 2017). - Potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal e melloren a empregabilidade do alumnado. - Poñer en práctica os coñecementos adquiridos no Obradoiro de Emprego dentro da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante. A axenda do proxecto inclúe visitas en Bolonia, Venecia e Casteldefranco a axencias de viaxes, presentacións en varios centros, xuntanza co presidente da Asociación de Amigos do Camiño en Venecia…

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/hai-vida-na-casa-do-pozo/ https://quepasanacosta.gal/santa-comba-ten-novo-punto-de-informacion-turistica-da-man-do-obradoiro-de-emprego/

Comentarios