O Volei Praia volve ao Ézaro por partida triple


A praia do Ézaro no Concello de Dumbría acollerá este verán distintas probas do Campionato Galego de Volei Praia. Unhas probas moi seguidas pola veciñanza como se comprobou o ano pasado cando máis de 1.000 afeccionados e de 300 deportistas participaron na proba dumbiresa.
I é que as condicións que ofrece o areal son propicias para o desenvolvemento das competicións. Ademais o interese amosado polo Concello de Dumbría en seguir promocionando o voleibol tanto en pista cuberta coma en praia é fundamental para que a Federación Galega de Voleibol lles comunicase que Dumbría contará nada máis e nada menos que con 3 probas do circuito Galego, 2 en categorías inferiores e 1 absoluta que se desenrola como xa é habitual os días da Festa da Praiaque se celebrará a primeira fin de semana de agosto.

Datas
- 1ª Proba do Campionato Galego de Volei Praia no Ézaro:
- 4 de xuño: categorías sub 15 e sub 19.
- 5 de xuño: categorías sub 17 e sub 21. - 2ª Proba do Campionato Galego de Volei Praia no Ézaro:
- 11 de xuño: categorías sub 15 e sub 19.
- 12 de xuño: categorías sub 17 e sub 21.
Inscricións
Os xogadores/as que participen deberán ter tramitada previamente a súa licencia de volei praia. Esta licencia non implica a inscrición automática nas probas do circuito xa que para isto cada parella deberá achegar a súa correspondente inscrición a FGVB como moi tarde o mércores anterior a cada unha das probas.
No tocante a categoría absoluta a data para a celebración das competicións é a primeira fin de semana de agosto, este ano os días 6 e 7. Dita proba estase a convertir nun referente en Galicia, tanto polo nivel amosado entre os participantes e tamen pola gran afluencia de público nos partidos.
Mais información- Federación Galega de Voleibol, 981132959. www.fgvb.es.
- Concello de Dumbría: 981 744 001.
Novas relacionadas
- O Piragüismo Dumbría volve de Padrón con 3 medallas de 4 posibles.
- A multifesta 2010 da Praia do Ézaro aguantou o nordés.
- Máis de 1.000 afeccionados e de 300 deportistas na Proba de Volei Praia do Ézaro .
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Dumbría.