As obras da pasarela do Ézaro alongaranse ata final de ano
Complexas, moi complexas son as obras da pasarela do Ézaro. Unha obra, en duas fases, que se alongarán ata final de ano, como nos confirman dende a empresa adxudicataria Ogando. Vai quedar espectacular en todo caso, segundo sinalan.
Agora mesmo están preparando a estrutura que vai ir ao carón da ponte, para despois ir comezando a colocar o plano tubular, e a estrutura metálica, que vai se apoios, na parte final.
O acceso peonil está case sempre aberto, se ben dende o Concello anuncian os momentos de peche, pero a intención é que o acesso estea aberto todas as fins de semana do verán.
Novas relacionadas
- Maio 19: A nova pérgola da Fervenza do Ézaro xa ten orzamento.
- Abril 19: As obras da pasarela de acceso á Fervenza do Ézaro en marcha.
- Decembro 18: Dumbría mellorará os accesos e incluirá unha pérgola como zona de ocio nas inmediacións da Fervenza do Ézaro.
Xa está lista a piscina de Cee. A empresa Ogando estivo realizando os últimos traballos de acondicionamento, mesmo de noite para compatibilizar cos usuarios, 5 meses despois de poñerse en marcha.
Os últimos traballos foron de pintura interior (vestiarios…), ademais do cambio de cuberta, impermeabilización de fachadas e outros traballos de intendencia.