Os pequenos de Dumbría xa pensan na Festa de Fin de Curso

09:00 14/06/13

O día 26 de xuño celebrarase no Ézaro a festa infantil de fin de curso para tod@s @s alumn@s do Concello de Dumbría que teñan máis de 4 anos.
O programa é ben completo. Comezarán cunha morea de xogos na area da praia do Ézaro dende as 11:00h. Ás 14:00h, os peques comezarán a abrila boca e non parar de rir coa actuación de maxia con Cayetano Lledó na Casa Cultural de Ézaro. Haberá que xantar, a conta do Concello, para rematar arredor das 17:30h.
Cómpre destacar que haberá servizo de autobuses polas parroquias, e que hai que inscribirse antes nas casas culturais e nas oficinas municipais antes do 20 de xuño.
Novas relacionadass
- 120 deportistas chegan ao Ézaro para participar no Campionato Galego base de Salvamento Acuático.
- QPC espalla o poder da rede entre os maiores de Dumbría.