120 deportistas chegan ao Ézaro para participar no Campionato Galego base de Salvamento Acuático

10:13 13/06/13

Por segundo ano, a praia do Ézaro convertitase no centro neurálxico do Salvamento Acuático Galego. Máis de 120 deportistas, con todos seus familiares e compañeiros, achegaranse este sábado 15 de xuño ao areal dumbriés para disputar o Campionato Galego de Salvamento Acuático, en categorías alevín, infantil e cadete.
Dende as 10:00h os competidores dos 8 equipos participantes comezarán as probas, chamadas Bandeira, sprint, relevo, carreira con táboa, rescate con táboa, nadar surf, ou rescate con tubo, para que vexamos en que consisten esta clase de competicións.
Chegarán equipos de toda Galicia:
- Sysca (Carballo.
- Club Natacion Cerceda (Cerceda).
- Club SALV-AR (Arteixo).
- C. Salv. Y Soc. SAPO (Pontevedra).
- Club SASA (Sada).
- C.A. Umia (Caldas de Reis).
- Club SAL (A Laracha).
- PC Salvamento (Sanxenxo).