Martes. 21.05.2019
El tiempo

Os viraventos do parque eólico de Muxía atravesan as estreitas estradas da comarca

Os viraventos do parque eólico de Muxía atravesan as estreitas estradas da comarca
Viraventos pasando por Muxia Viraventos pasando por Muxia-Foto-Protección Civil

Menudas estampas se viron durante este pasado xoves 8 de febreiro polas estradas da Costa da Morte. Os xigantescos viraventos que van ocupar os Parque Eólicos Muxía I e II (que ocuparán terreos muxiáns e vimianceses) atravesaron, en transporte especial, a bisbarra. Entran pola estrada AC-440 Berdoias, ata Os Muíños, despois collen a DP 2303 ata Vilarmide, polas estradas locais, (Vilarmide, Bardullas, Guisamonde, Vilachan, Viseo e Martineto), estas últimas reguladas por Policía Local e Protección Civil.

Fotos de Protección Civil

Reunión en Vimianzo

A chegada dos eólicos coincidiu coa charla que organizou A comprometida asociacion Ventonoso en Vimianzo. Propietarios afectados polas liñas de evacuación eléctricas dos parques Monte Tourado Eixe e O Tourado, achegáronse para coñecer de preto como son os procesos de negociación, e saíron verdadeiramente frustados, sabendo que, con sorte, sacarán apenas 500€ pola instalación dunha torreta nas súas fincas.

Son unha 10 km de liñas de evacuación (que en breve se multiplicarán por 10 coa instalación inmediata de outros novos 13 parques na zona), que afectan a uns 166 propietario vimianceses, 63 dumbrieses e un propietario en Zas (a empresa Norfor).

Reunión da Asociación Ventonoso con propietarios afectados en Vimianzo

Artigos eólicos

Novas eólicas

Fonte

Comentarios