Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Pequeño recibíu a súa rendida homenaxe tras 40 anos creando “a Dumbría de hoxe”

Homenaxe a Pequeno
Pequeño recibíu a súa rendida homenaxe tras 40 anos creando “a Dumbría de hoxe”

Medio millar de persoas déronse cita este domingo no pavillón dumbriés para render homenaxe a José Manuel Pequeño. O eterno alcalde dumbriés, tras 40 anos no cargo, daba o relevo a comezos de ano e as súas xentes, así como personalidades de toda a provincia, non quixeron faltar á cita.

Ademais de traballadores municipais, veciñ@s, amig@s, non faltaron moitos alcaldes/as e ex alcaldes de distintas cores políticas, ou altos cargos do partido socialista, algúns deles chegados despois de asistiren á xuntanza con Pedro Sánchez en Oroso, coma o presidente da Deputación, Valentín González Formoso que lle transmitiu un afectuoso saúdo de Sánchez.

Comezou a xornada co descubrimento dunha escultura na entrada das instalacións do Conco, obra dun artista local. Era a primeira sorpresa da xornada, que non a última, xa que aí mesmo, baixo as chuvieiras, os amigos de Luar na Lubre meteron máis emoción cun pouco de música.

Estatua homenaxe a Jose Manuel pequeno no Conco
Así é a estatia de homenaxe a Jose Manuel Pequeño no Conco

Pequeno quedou o pavillón para a xornada de festa, de celebración, de compartir anécdotas, de moitas lembranzas... Un Pequeño moi emocionado ao longo de todo o día coas mostras de afecto e de recoñecemento, pasando mesa por mesa, e agradecendo o cariño que leva recibido en todos estes anos. Deu grazas a todas as que o acompañaron neste camiño de 40 anos ao timón de Dumbría, a todos os concelleiros/as que formaron parte da súa andadura, a todos os técnicos que lle axudaron a deseñar a Dumbría de hoxe, aos empregados municipais,..., e a toda a veciñanza que confiou nel e que lle permitiu levar a cabo todo este labor. Tamén quixo facer unha mención á súa familia, á que lle tivo que quitar moito tempo para poder traballar como o fixo.

Cara ao final do xantar, proxectouse un vídeo con imaxes de toda a traxectoria política de Pequeño e fíxoselle entrega dunha réplica do Vákner, como agasallo colectivo.
O escultor Cándido Pazos tamén quixo agasallalo cunha escultura dunha peixeira e contaba como nunha conversa con Pequeño, na que falaban desas mulleres do Ézaro que se dedicaban a iso, saiu un primeiro boceto que onte se materializaba en escultura.

Tomaron a palabra, da man do guiador do evento, pepe Formoso, personalidades como Jorge Mira, Ezequiel Mosquera, José Antonio Casais, Xan García,... todas, en clave de agradecemento e admiración polo arquitecto da “Dumbría de hoxe”.

Comentarios