Unha peregrina denuncia a un veciño de Dumbría por maltrato extremo a un burro

A PAPRONA (Patrulla do Servizo de Protección da Natureza) da Garda Civil de Corcubión vén de anunciar a apertura dunha investigación a un veciño de Dumbría como presunto autor dun delito de malos tratos animais.
Tivo que ser unha peregrina a que, facendo o Camiño de Santiago, veu ao burro nun estado crítico, e avisou ás autoridades. O burro presentaba feridas graves con presenza de vermes, o que deixaba ver unha imaxe de abandono e malos tratos extremos.
Ante a urxencia da situación, a peregrina chamou a un veterinario e ofreceuse a cubrir os gastos da medicación para poder atender ao animal maltratado. Lamentablemente, esa mesma noite, o burro morreu sen poder recibir os coidados veterinarios necesarios.
As dilixencias correspondentes a este caso foron levadas a cabo pola Unidade PAPRONA de Corcubión e remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Garda de Corcubión (A Coruña).
A Garda Civil insta á cidadanía a colaborar e denunciar calquera acto de maltrato animal, contribuíndo así á creación dunha sociedade máis concienciada e respectuosa cos nosos animais.
Terrible o maltrato extremo provocado que provocou a morte dun burro en Dumbría... Tivo que ser unha peregrina a que denunciase a situación... pic.twitter.com/wlBylQNaqe
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) November 17, 2023