Luns. 07.10.2024
El tiempo

Días de axenda cultural en Dumbría

CARTAZ ENDATERRA - DUMBRÍA
CARTAZ ENDATERRA - DUMBRÍA
Días de axenda cultural en Dumbría

Completa semana a que se presenta en Dumbría a nivel cultural. Por unha banda continúa programación prevista dentro do Outono nas Bibliotecas de Dumbría, se ben tivo que adiarse a actividade programada para o venres no Ézaro, que pasará a realizarse o 21 de outubro ás 18:00 h.

Paco Nogueiras no Conco

A que si que se mantén é a cita deste mércores con Paco Nogueiras, e o seu Brinca Vai, un espectáculo de música que lle encanta aos cativos. Será o mércores ás 18:00h no Conco.

Tamén o sábado 8 de outubro, o albergue do Conco acolle a partir das 16:30 unha singular experiencia coa deseñadora Nina Sefcig. A ilustradora compartirá o seu proceso de creación, pintando en directo. Tamén traerá a súa arte efímera a intérprete Sara Guerrero, e rematará a cooperativa 13 Grados, formada por Sara Carrasco e Silvia Iglesias, mergullándonos nun mar de sostibilidade.

A4-efimero_dumbria

Endaterra

Ademais, a vila dumbriesa prepárase para recibir Endaterra. O espectáculo de Xacarandaina, dirixido por Quique Peón, chega a Dumbría, ao Conco, o sábado 15 de outubro ás 21:30 h.
Trátase dun espectáculo de música e baile tradicional galego fusionados co teatr, unindo a cultura tradicional do Camiño Inglés e do Camiño a Fisterra-Muxía e que recolle elementos dos 18 concellos destas dúas rutas.

Poden reservar as entradas no Concello de Dumbría e Casas Culturais municipais ou no 981 744 001.

Comentarios