Venres. 26.04.2024
El tiempo

Publicada a licitación da mellora do firme de parte da AC-500

Publicada a licitación da mellora do firme de parte da AC-500
A Xunta destina 764.000 euros á mellora do firma de parte da estrada AC-550 A Xunta destina 764.000 euros á mellora do firma de parte da estrada AC-550 Fai uns días a Deputación da Coruña anunciaba un investimento de máis de dous millóns de euros na estradas da Costa da Morte e agora é a consellería de de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), quen publicou no DOG a licitación das obras de rehabilitación do firme da estrada AC-550, ao seu paso polos municipios de Dumbría, Muros, Outes, Noia, Porto do Son e Ribeira. Esta necesaria actuación conta cun orzamento próximo aos 764.000 euros. As actuacións proxectadas consistente na rehabilitación do firme en puntos de toda a estrada, polo que se levarán a cabo fresados e reposición dos tramos nos que existan deformacións no firme, ou extenderase un tratamento superficial, segundo as necesidades de cada treito. Posteriormente repoñerase a sinalización horizontal nos treitos afectados. Concretamente, na travesía de Ézaro, en Dumbría, estenderase un tratamento superficial entre o punto quilométrico 9+150 ao 9+650 mentras que no concello de Muros, ademais das reparacións puntuais localizadas ao longo da estrada, estenderase unha capa nova de rodadura nas travesías de Muros e Serra de Outes ( pq 40+350 a 43+490). No Concello de Outes, realizaranse tratamentos superficiais en varios treitos, entre os que se atopa a travesía de Ribeira do Freixo. Ademais, estenderase unha nova capa de rodadura na travesía de Porto do Son (pk 86+450 a 88+090). As obras terán unha duración de 5 meses e proporcionarán unha rede mais cómoda e segura en beneficio dos máis de 71.000 habitantes destes concello da provincia da Coruña e as súas áreas de influenza. As ofertas poderán presentarse ata o vindeiro día 8 de febreiro. Novas relacionadas Fonte    

Comentarios