Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha de turismo inclusivo “Baixo o mesmo paraugas”

Baixo o mesmo paraugas
Baixo o mesmo paraugas
Unha de turismo inclusivo “Baixo o mesmo paraugas”

O pasado vernres 3 de decembro foi ía Internacional das Persoas con Discapacidade. E o obradoiro de emprego Camiño do Solpor IV quixo sumarse á iniciativa de Aspadex e outras preto de 90 entidades sociais de toda Galicia promoven para reivindicar unha sociedade máis xusta e igualitaria para todas as persoas.

O alumnado-traballador do obradoiro dual de Emprego “Camiño do Solpor IV” que abarca os concellos de Dumbría, Cee e Corcubión, na especialidade de Promoción turística local e información ao visitante así como tamén a especialidade de Instrución en Ioga, únense á iniciativa de 90 entidades sociais de toda Galicia na que animan á veciñanza a subir unha foto ás redes cos cancelos #BaixoOMesmoParaugas e #ParaugasPolaDiversidade. Todas as persoas temos cabida baixo o mesmo paraugas, sen diferenzas, coa meta de visibilizar unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual.

Neste día o alumnado-traballador do obradoiro subliña a necesidade de fomentar un turismo inclusivo e anima ás administracións a crear espazos turísticos para todos, amais da reivindicación do deporte sen barreiras mediante o lema “Di Capacidade” para sensibilizar que todos temos capacidades diversas.

Baixo o mesmo paraugas 2

Comentarios