xoves. 01.05.2025
El tiempo

Un novo espazo gastronómico para degustar o Ézaro

Un novo espazo gastronómico para degustar o Ézaro
Alberto e Maria no Restaurante Landua na Casa Santa Uxia do Ezaro

Non é unha proposta culinaria moi habitual. E ata o idílico lugar de Santa Uxía do Ézaro, concello de Dumbría, imos para poñer a proba todos os sentidos. Falamos do novo Restaurante Landua, que veñen de abrir María e Alberto na Casa de Turismo Rural Santa Uxía,.

A Casa Rural leva aberta 8 anos, e agora ponse a funcionar a pleno rendemento o Restaurante Landua da man de María e Alberto, que tras varios anos traballando no sector da hostalería en Barcelona, Mallorca, Londres… volven á Costa da Morte para darlle un toque de arte á nosa gastronomía.

María, natural do Ézaro, pon a suave voz ao servizo dos clientes, e Alberto é o que se encarga da cociña, completamente renovada.

Ten varias potencialidades este lugar: o contorno e o coidado menú.

Casa Santa Uxia do Ezaro Entorno incrible no Restaurante Landua na Casa Santa Uxia do Ezaro

Estamos situados a pé do encoro de Santa Uxía, cun pequeno embarcadoiro e todo para poder dar un paseo no kaiak que nos presta a Casa. Un café, ou un gintonic, nesa hamaca do xardín baixar a comida, sinxelamente, non ten prezo.

Coidada gastronomia no Restaurante Landua do Ezaro Menu dunha semana no Restaurante Landua na Casa Santa Uxia do Ezaro

Pero é que a comida seguro que non te deixará calado. O menú cambia cada semana, en función dos produtos de temporada, e apenas custa 25€, un prezo moi asequible para o que nos ofrece. Alberto gusta moito de ir ao mercado, ou de buscar os mellores produtores, aos que visita persoalmente e fai encargas. Para este ourensán do mundo, o peixe é a súa perdición, pero tamén é especialistas e non facerlle demasiado dano ás carnes de calidade, e en facer uns arroces espectaculares.

No tempo libre fan queixo, e ata pan, así que haberá que pasar por alí para probar e disfrutar de Dumbría.

Restaurante Landua na Casa Santa Uxia do Ezaro 1

Máis información

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios