Unha fin de semana de piratas, praias e acordeóns
Menuda fin de semana que vivíu a Costa da Morte. Había festas para todos os gustos, pero entre elas, había varias que compre recuperar, como son a Carballeira de Zas, a Festa da Praia do Ézaro, a Festa do Longueirón e o Encontro Pirata de Fisterra e mais o festival Sereas e Piratas e Razo. 4 citas singulares, cadansúa co seu estilo particular, demostrando o fermoso que é o verán na Costa da Morte.
Noite de acordeóns en Zas
E arrincamos por Zas, onde a Carballeira de Velar acollía, nada menos, que a XXXI edición da Festa da Carballeira, un dos festivais de música folk máis importantes de Galicia e de toda a península. Este ano, aínda que parecía imposible, conseguiron superarse, e a pesar da ameaza do tempo, a música soou en cada carballo.
Xentes chegadas de todo o país ateigaron o festival de faldas escocesas e moitas gañas de troula, i é que xa se sabe que en Zas a troula e a música quedan sempre empatadas. E como troula hai abonda, a música tense que poñer ao día. Arrincaron os Peregrino Gris, que contaron ademais co apoio de Xabier Díaz, protagonista durante toda a noite, nun tema.
Era hora de dar paso a unha das estrellas da noite, Budiño, que voltaba por terceira vez a Zas. Xa estivera presentando o seu primeiro disco hai 16 anos, e no 2010 con Kepa Junquera. A súa impresionante banda dou conta de porque Budiño é un dos chamados a seguir espallando a música galega por todo o universo.
Chegaba o punto forte da noite, cun mito vivinte como John Whelan. Tirou de acordeón e de virguerías e coa colaboracion de Patxi, de Luar na Lubre, puxo a música celta no Olimpo. Lume!! berrou como hai case 20 anos.
Vibrante foi a actuación da parella Kalum Heikki que abriron o camiño para o peche, da man da galega Riobo, rematando cunha forza impresionante. Pero xa se sabe, que na Carballeira de Velar non fai fata escenario para que a troula continúe, e aínda eran as 7:00h e a foliada improvisada seguía facendo soar as gaitas e bailar as muiñeiras a un bo feixe de festexeiros.
Eiiii Carballeiraaaa!!! cantaba o galo ó espertar!!
Menudo Encontro Pirata
Impresionante. O I Encontro Pirata da Festa do Longueirón de Fisterra foi un completo éxito. E claro, da man dun grande da escena fisterrá como Roberto Traba Velay. Fixo de pregoeiro e de armadanzas para recuperar a historia da chegada arrasadora do pirata inglés Harry Pay aló polo 1404, queimando a vila e levando un crucifixo.
Xa no 2010 os piratas invadían a praia da Ribeira, pero desta volta, a zona estaba a rebentar de veciños, armados para impedir que os ingleses tomaran a vila. Ademais, un par de anos antes, no 2008, como recordaba Roberto no pregón, os ingleses voltaran, en son de paz, ata Fisterra, para devolver un crucifixo que, en sinal de desagravio, como proba de amizade e porque non tamén, como símbolo de entendemento entre os pobos amósase hoxe no Castelo de San Carlos. E no 2009, unha expedición fisterrá viaxou a Poole, a vila inglesa de Pay.
Estaba pois preparada Fisterra para un novo desembarco das tropas inglesas, para que, en 9 escenas, tras unha pelexa e un tesouro por medio, os piratas e os fisterráns fixeran as paces.
Así que, ademais do longueirón que podemos dicir, un éxito gastronómico garantizado, os veciños e os visitantes quedaron encantados con esta primeira edición, e de seguro non a última, do Encontro Pirata.
Unha de pop
Destacable, moi destacable a sesión vermú o Festival Sereas e Piratas, unha das citas popeiras da Axenda Sonora da Costa da Morte. A pesar de que o tempo non axudou de todo a disfrutar dos deporte acuáticos (ou si, segundo se mire), o festival reafírmase como unha fermosa alternativa á música tradicional e verbeneira. Nun inmellorable escenario como a praia de Razo, contando con grandes concertos como Delorean ou Novedads Carminha, a nota máis destacada a puxo un grande do panorama estatal como Dj Faber, cun fin de festa espectacular.
Atentos estaremos para o ano que vén, pois o festival cumple 10 aniños!!
De Multifesta ao Ézaro
Chamámoslle así porque aúna todas as festas nunha. Rollo roqueiro, rollo verbeneiro, e rollo deportivo, para facer do Ézaro o epicentro do sur da bisbarra nesta fin de semana. Arrincaba a festa a golpe de balón, coas citas co Fútbol e o Volei Praia. Nada menos que 500 deportistas participaron estes días nas probas, a máis destacable a do XXIV Campionato de Volei Praia Festa da Praia, un torneo puntuable para o campionato galego e para o circuito da Barbanza senior, do que xa trouxemos a crónica. De feito, cada ano esta proba está collendo máis sona, e esta edición mesmo quedou xente fóra pola avalancha de inscritos.
Un dos detalles máis divertidos foi o partido do venres entre Villarriba contra Villabaixo, cun choque fraticida entre os da zona de arriba do Ézaro contra os de abaixo que rematou sendo tremendamente divertido.
Pero se cadra, a máis esperada era o XXVII Maratón de Fútbol Praia, que un ano maís contou con numerosas personalidades do Fútbol da Costa. Por certo, que gañaron de novo os Piratas de Caldebarcos, os mellores dos 40 equipos participantes, e gañando aos BBQ Fútbol Club O Ézaro na final.
Ademais, os xogos na praia están sendo cada vez máis demandados, e a xente os disfruta de medo.
En clave festexeira, houbo de todo. O venres arrincaba a troula co grupo brvú Recambios Tucho, membros dos Herdeiros que gustan moito de vir por aquí. E para os máis verbeneiros, os pasodobles soaban no paseo coa Orquesta Cinema. O sábado foi a Ciclón a que puxo a nota musical, e como non podía ser doutro xeito, que mellor que pechar a fin de semana cun domingo de sardiñas.
Que bonito é o verán na Costa da Morte!!
Novas relacionadas
- Ézao 2014: A praia do Ézaro servíu de colofón para os campións galegos de Volei Praia.
- Longueirón 2010: Os Piratas das Crebas tomaron a XIX Festa do Longueirón de Fisterra.
- Praia do Ézaro 2013: A praia do Ézaro vivíu a súa fin de semana máis completa.
- Praia do Ézaro 2012: Nin a chuvia pode coa multifesta, con sorpresa, do Ézaro.
- Carballeira 2013: 30 anos de folk e festa na Carballeira de Zas.
- Carballeira 2012: A música e a troula puideron ca chuvia na Carballeira de Zas.
- Carballeira 2010: A Carballeira, a xornada máis festexeira.
- Carballeira 2009: A Costa enteira vivíu a festa do folk.
- Carballeira 2008: Zas mundializa o folk.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).