Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha Semana de Libro

Unha Semana de Libro
Escritores na Semana do Libro do CEIP Santa Eulalia de Dumbria 2016 Varios escritores repiten na Semana do Libro do CEIP Santa Eulalia de Dumbría

Se houbese que definir na Galipedia “Semana do Libro, tería que vir unha completa descrición do que acontece, cada abril dende 2010, no CEIP Santa Eulalia de Dumbría. Unha Semana do Libro, de libro, perfecta, sen máis intencións que as de aprender creando, e con mestres da casa.

Boa parte dos escritores e poetas de toda a Costa da Morte xa teñen pasado por aí, deixado o seu legado literario, e disfrutado de igual maneira da marabillosa actitude destes nenos do auténtico rural costeiro. Nenos con gañas de aprender, que nacen da implicación de mestres como Dani Mato, e todo o equipo de mestr@s, pais e nais do centro dumbriés. A comunidade educativa ao completo transmite unha enerxía que se traduce nas gañas e ilusión dos alumnos.

Este ano, na VI Semana do Libro CEIP Santa Eulalia de Dumbría, o centro contra coa máxima colaboración ofrecida por parte do Concello na organización. Do luns 18 de abril ao venres 22, 6 autores da contorna contarán as súas historias aos peques dumbrieses.

Romperá o xeo o luns o hercu-muxián Xosé Henrique Rivadulla Corcón, coas súas historias salgadas, cos rapaces de 5º e 6º de Primaria, que tamén disfrutarán pola tarde dos contos do ceense Miro Villar. O martes, será a ceense Concha Blanco a comparta unha tarde de fábulas cos peques de 3º e 4º. O mércores será turno da contacontos María da Pontragha cos máis pequenos de 1º e 2º, que completarán o día co actor Artur Trillo.

O xoves será día de contar contos entre toda a comunidade educativa, polo que mestres, pais, nais e os propios cativos serán os protagonistas. E xa o venres, será a ceense Rocío Leira a que poña o ”Colorín Colorado” a estas xornadas exemplares.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios