XEAL volve secar a fervenza do Ézaro
Volveu pasar. mediados de xuño XEAL deixou seca a fervenza do Ézaro. E este luns 3 de xullo volvía pasar. Soaba a serea de obras de comportas no encoro de Santa Uxía, cheo a rebentar, quedando pechado e secando o 1,5km de río abaixo e a fervenza do Ézaro. Todo sen que Augas de Galicia diga nada.
Segundo fontes consultadas a empresa deixaría de liberar auga para manter o máis cheo posible o encoro de Santa Uxía (o xerador de enerxía hidroeléctrica) á espera da subida do prezo da enerxía.
Unha situación que afecta directamente ao río, pois mantelo seco o manto do río pode ter consecuencias medioambientais graves, pero tamén ao sector turístico. Así o recoñece o propio autor da imaxe, David Trillo Gallego, propietario do Taximar Robinson da Lobeira, que se achegaba cunha familia de peregrinos e turistas de Texas e se atoparon “esta mexadiña”. “Que fraude de Fervenza lle queremos ofrecer aos turistas?” pregúntase.
Novas relacionadas
- 15-06.2023: A Fervenza do Ézaro secou durante varias horas.