A mocidade de Fisterra xa pensa no San Xoán
          
    10:10 13/05/11 
            
Se fai uns días o Concello de Fisterra celebrou a VII Xuntanza dos maiores, agora tócalle o turno aos máis novos. 
 A cita será a noite do sábado 25 de xuño na praia da Langosteira, onde a maxia do lume invadirá esa noite a ritmo de percusión, malabares con fogo, escupidas de fogo, pirotécnia…e a través de incribles seres do mundo das penumbras: meigas, trasnos e diaños, encargaránse de transmitir á festa a maxia do lume. 
A noite estará cargada de animación de rúa ,a cargo da compañía Troula Animación, e animación de percusión a cargo da charanga Os Kilomberos de Monte Alto.
E para pechar a festa discoteca móbil durante toda a noite a cargo de Fisterra´s Mafia.
Novas relacionadas
- Os maiores de Fisterra tiveron cita co baile.
 - Os maiores de Fisterra non deben namorar polo Día das Letras Galegas.
 - Festón a medias en Fisterra.
 - Entrevistón co trío de pinchas Fisterras Mafia.
 
Fonte
- Departamento de Cultura do Concello de Fisterra.